2 ene 2012

Nace a.. "asociación cultural pedraghullo"

Esta é unha asociación sen ánimo de lucro que foi fundada o 20 de novembro do 2011 por un grupo de moz@s (a maioría de Vincios, pero tamén de Gondomar, Nigrán, Baiona e Vigo) que decidimos unirnos e organizarnos para poder levar a cabo determinadas actividades socioculturais que botamos de menos na nosa comarca, o Val Miñor.  Todo partiu de dous sucesos principais, que foron os motivadores. Por un lado a loita contra a construcción dun parque eólico na serra do galiñeiro e por outro a celebración do primeiro festival de Rock de Vincios (GALIÑEIROCK). Estes feitos fixéronnos cavilar en todos os  elementos patrimoniais que albergamos na comarca e no noso deber como cidadáns de protexelos e conservalos, e por outra banda, cremos que precisamos unha axenda de lecer máis sustanciosa da que gozamos a día de hoxe. Por todo elo, a nosa intención é colaborar cas administracións públicas, asociacións e porsuposto cos nosos conveciños, orientados a levar a cabo diversas actividades de concienciación cidadá e ocio. Partimos de cero, pero a ilusión e gañas que temos por mellorar o noso ámbito sociocultural, son  moi poderosas, pero para conseguilo precisaremos de toda a cooperación e tolerancia posible, e sobre todo, ansiamos contar ca mocidade miñorana. 


Esta asociación traballará no ámbito da comarca do Val Miñor, pero como todos os comezos son compricados, emprenderemos a nosa aventura na parroquia de Vincios xa que a maioría dos socios fundadores somos nados alí. Nin que dicir queda que o Galiñeirock pretendemos que traspase fronteiras, todo se andará...


Na sección "MISIÓNS" veredes o que andamos argallando e o que pretendemos alcanzar.




XUNTOS IMOS A FACER HISTORIA...¡VIVAMOS COMO MIÑORANOS!




3 comentarios:

  1. Si señor jrandes como se fan as cousas en Vinsios

    ResponderEliminar
  2. Buenas tarde me gustaría ponerme en contacto con la Asociación, para hacerles llegar un proyecto que estoy implementando y creo encajaria muy bien en la zona y en los estatutos de la misma, anteriormente me puyse en contacto con algunas de las cc de montes, por favor si estais interesados hacermelo saber para hacerosle llegar, esta basado en la autosuficiencia y la sensibilización ambiental.
    Saudos.
    Mª Zaida Ramírez.
    zarij6@yahoo.es
    Ranigón Sensibilización Ambiental.

    ResponderEliminar