24 sept. 2013

MÓLLATE POLOS RÍOS 2013

O DOMINGO 29 DE SETEMBRO É A SEXTA LIMPEZA SIMULTÁNEA DOS RÍOS EN GALICIA.
ESTE ANO A.A.V.V. DE VINCIOS ÚNESE A A.C.PEDRAGHULLO NESTE ACTO. NO 2012 SACÁRONSE 700 KILOS DE LIXO DO RÍO ZAMÁNS, E ESTE ESPERAMOS QUE SEXAN BASTANTES MENOS.

SE QUERES PARTICIPAR E ASÍ APORTAR A TÚA AXUDA PARA MANTER O NOSO RÍO MÁIS LIMPO. ACUDE O DOMINGO AS 10:00 DA MAÑÁ Ó CENTRO CULTURAL DE VINCIOS. DENDE ALÍ ORGANIZAREMONOS PARA LEVAR DA MELLOR MANEIRA ESTA TAREFA DE CONCIENCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL.

REPARTIREMOS CAMISETAS E BEBIDAS ENTRE OS PARTICIPANTES.




15 may. 2013

II NOITE MEIGA. SAN XOAN 2013

Xente, este ano A NOITE MEIGA DE SAN XOAN non vai a ser unha, senón duas!!! Pedraghullo tira a casa pola ventá pra confirmar o que comezamos en 2012 e seguir crecendo. Xa sabedes, o 22 e 23 de xuño, xunto a pastelería Melosa en Vincios, ven a disfrutar da maxia de San Xoan.

18 feb. 2013

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA - EXTRAORDINARIA 2013



LUGAR:            Auditorio do Centro Cultural de Vincios.
DÍA:                  Sábado, 23 de febreiro de 2013.
HORA:              1ª convocatoria ás 17:00 horas.
                          2ª convocatoria ás 17:30 horas.

ORDE DO DÍA (ASEMBLEA ORDINARIA):

1. Informe do estado de contas e aprobación se procede.
2. Informe de actividades e obxetivos.
3. Socios.
4. Rogos e preguntas.

ORDE DO DÍA (ASEMBLEA EXTRAORDINARIA):

1. Modificación dos Estatutos.
2. Trocos na Xunta Directiva.
3. Rogos e preguntas.


“Ó remate haberá pinchos e bebidas gratis para todos os socios”


A Xunta Directiva da 
Asociación Cultural Pedraghullo

20 nov. 2012

1º ANIVERSARIO



18 muiños limpos, 700 kilos de lixo retirados do río Zamáns, inclusión na Plataforma pola defensa da serra do Galiñeiro, inclusión no Proxecto Ríos e a gran noite de San Xaoan. son algúns dos obxetivos conseguidos neste primeiro ano de vida da ASOCIACIÓN CULTURAL PEDRAGHULLO.

¡que sexan moitos máis!


19 nov. 2012

ALEGACIÓNS CONTRA OS EÓLICOS

Defensores da Serra do Galiñeiro:
A" Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro", puso a disposicións de todos os cidadáns unhas alegacións en contra dos eólicos dirixidas a consellería de economía e industría da Xunta de Galicia. É preciso que as asinemos e entreguemos antes do 30 de novembro. Ata o de agora xa se xuntaron máis de 5000, pero son insuficientes, debemos facer un esforzo máis, porque así o merece a nosa Serra, e corre-la voz pra que consigamos presentar o maior número de alegacións posibles.


Nso seguintes enlaces podes atopar información dos lugares donde podes facer a entrega da túa alegación asinada, ademáis de descargala e imprimila, son sólo 2 follas. Tamén podes asinar online, pero é máis importante de forma escrita.


 ¡ÁNIMO NON DEIXES PASAR ESTA OPORTUNIDADE DE APORTAR O TEU GRAN DE AREA, PRA SALVAR Ó GALIÑEIRO!



Por favor, difunde esta mensaxe. 
Saúdos da directiva de Asociación Cultural Pedraghullo.



12 oct. 2012

¡A BATALLA FINAL ACABA DE COMENZAR!


El parque eólico de O Galiñeiro sitúa cuatro aerogeneradores en Vincios

El proyecto se encuentra a exposición pública en el Concello de Gondomar, junto con el informe medioambiental y el plazo de alegaciones durará un mes

 
VOTE ESTA NOTICIA  
NELI PILLADO - GONDOMAR El proyecto del parque eólico de la Serra do Galiñeiro ya se encuentra a exposición pública en el Concello de Gondomar. La Xunta, a petición de la empresa promotora Terra do Vento, lo presentó esta semana para dar a conocer la declaración de utilidad pública de los terrenos afectados y su necesidad urgente de ocupación, así como para poner en marcha el plazo de alegaciones, que durará un mes. Aunque todavía no está claro cuándo podría iniciarse la construcción de la instalación, colectivos y partidos políticos del municipio calientan motores para una nueva ofensiva contra los aerogeneradores en lo que consideran un espacio singular desde los puntos de vista paisajístico, medioambiental y también económico. La zona más afectada del ayuntamiento gondomareño es el monte comunal de Vincios. Sus comuneros se oponen a la iniciativa, que coloca en sus terrenos cuatro molinos de viento y ocupa 400 hectáreas, el 60% de su superficie total de 678.
Los aerogeneradores de Vincios forman parte del conjunto de trece molinos que prevé el proyecto en Gondomar, Vigo, Porriño y Mos, cuya potencia total alcanza los 39 megavatios. La compañía prevé producir anualmente 11,96 gigavatios e invertir un total de 45,8 millones de euros en el parque eólico.
El presidente de la comunidad de montes de Vincios, Alberto Covelo, aseguró ayer que la entidad "no va a consentir" este "despropósito que usurpa" no solo la mayoría de los terrenos de los comuneros, sino que "ataca frontalmente" las iniciativas de cuidado medioambiental y de desarrollo sostenible.
"Nuestro monte ya es de utilidad pública porque desarrollamos proyectos de reforestación con especies autóctonas, de desarrollo sostenible del monte como plantaciones de maderas nobles y otros cultivos con los que creamos beneficios que se invierten de nuevo en el cuidado del monte. ¿Por qué se declara de utilidad pública oficialmente para que venga una empresa a sacar beneficios?", argumenta Covelo.
Así, la comunidad de montes, además de preparar alegaciones, anuncia que acudirá a la vía judicipal para frenar el parque eólico. "Deberá ser un juez el que decida si prevalece el interés forestal, paisajístico y la conservación del patrimonio arqueológico o la explotación por parte de una compañía privada", advierte.
Además de la riqueza ecológica y paisajística, la superficie afectada por el polígono de molinos alberga yacimientos prehistóricos como el conjunto de Auga da Laxe, que ofrece 26 inscripciones de armas de unos 4.000 años de antigüedad y está considerado uno de los hallazgos más importantes de Europa.

2 oct. 2012

PEDRAGHULLO OUTRA VEZ NOS MEDIOS...


Sesenta voluntarios retiran 7.000 kilos de basura de los tres ríos de Gondomar

 07:29   
VOTE ESTA NOTICIA  
Participantes en la limpieza del Zamáns, con basura retirada.
Participantes en la limpieza del Zamáns, con basura retirada. 
Gondomar participó en la Xornada Simultánea de Limpeza de Ríos que Adega impulsó en Galicia, con dos colectivos que organizaron la retirada de residuos. Por un lado, la asociación A Groba movilizó a medio centenar de personas en los ríos Miñor, Morgadáns y Zamáns -en tramos próximos al centro urbano-, que retiraron en torno a 6.500 kilos de residuos. Y el colectivo Pedraghullo reunió a diez voluntarios, que recogieron 700 kilos de basura en un tramo de 4 kilómetros del río Zamáns, desde Vincios a Pego Negro.

1 oct. 2012

LIMPANDO O RÍO ZAMÁNS, 700 KILOS DE LIXO (VINCIOS)



Proxecto Ríos xa leva organizando dende o 2008 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que teñen participado nas limpezas anteriores.
O máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á cidadanía que as pequenas accións valen moito.

FOTOS DA XORNADA CON TODOS OS SEUS VOLUNTARIOS



As rapazas de "Pedraghullo"
 David con un dos tantos sacos que encheu.
 O todoterreno que nos serviu de apoio loxístico, pilotado por Mario, foi de unha gran axuda para transportar materiais pesados.
 O "Vila" e Losada reparando o cable do embrague que partiu. Menos mal que había un de reposto!
Losada derrubando a choza que tiñan montada as novas xeracións de Vincios. Chmábanlle o "festival" jeje, pero xa é historia.
Un total de 3 tractores cheiños ata arriba de lixo.
 

27 ago. 2012

Xeira polos muíños de Vincios e visita á igrexa de Santa Mariña.


PDFImprimirCorreo-e
A igrexa de Santa Mariña.No couto de Vincios xa existía, dende finais do século XII ou, se cadra, principios do XIII, a igrexa románica de Santa Mariña. Esta sufrirá diversas reformas e adicións ao longo do tempo, sendo as máis significativas as da ábsida, de mediados do XVI, e a ampliación da sancristía, do XVIII. Durante a visita teremos oportunidade de apreciar as diversas pegadas que canteiros e artesáns deixaron na súa estrutura, así como algúns das historias e tradicións que aínda custodian os seus muros.
Os muíños de Vincios.
Na Parroquia de Vincios había en 1753 29 muíños, segundo os rexistros do Catastro de Ensenada. Hoxe grazas ao traballo da asociación Pedraghullo estase levando a cabo un traballo de recuperación, en primeiro lugar da memoria, vendo cales se conservan e cales foron feitos despois de 1753; limpeza da contorna e dos muíños, elaboración dunha ruta para poder visitalos e a posta en valor do conxunto.


16 jun. 2012

NOITE DE SAN XOAN - XUNTO A PASTELERÍA MELOSA (VINCIOS)

Non faltará de nada,: sardiñas, queimada, actuacións de danza e música con grupos de alto standing como son AKARAKAN e LADRILLO TABIKON e por se isto fora pouco sortearemos 2 noites de hotel pra 2 persoas. Os amantes do futbol poderán ver os partidos da eurocopa na pantalla que imos a instalar. AHHHH E TEMOS CARPA!! Así que o tempo non é excusa, ¡VEN A DISFRUTAR DE SAN XOAN CON NÓS!



7 jun. 2012

Chega "Monte Galiñeiro", o primeiro CD da banda Os Irmandiños de Vincios.



irmandinos-na-pedraLogo de máis de sete anos de presentacións por toda Galicia,Os Irmandiños de Vinciosrexistraron 16 dos seus mellores temas nun disco que terá luz pública na primeira quincena de xullo. O título da obra prima non podería ser outro: "Monte Galiñeiro".
O disco atópase nestes intres finalizando a post produción, segundo informaron a Valminor.info, Ismael, Javi e Moreno -tres dos oito Irmandiños- nun encontro mantido na Casa da Cultura de Vincios. Tarefa nada sinxela -despois de 80 horas de gravacións- que desenvolven xunto co produtor executivo do disco, Xusto Molejón de produtora InqueDanzas sonoras. O CD recolle nove temas propios, dúas pezas tradicionais con arranxos de Javi (o compositor e director musical da banda), dous remexidos e o Pasodobre do Can, composición de Ignacio "Nacho" Troncoso, actual concelleiro de Cultura de Gondomar e ex-gaiteiro da agrupación.
irmandino-co-coche
O disco foi autofinanciado polo grupo a través das súas actuacións.
Da conversa co grupo queda claro que Monte Galiñeiro é moito máis cunha recompilación dos temas que Os Irmandiños ofrecen nas súas frecuentes visitas aos escenarios folc de Galicia. Os nove temas propios, produtos creativos de Javi , reflicten as vidas e historias dos homes e mulleres que habitan e habitaron ese cacho de país con corazón musical que é Vincios. Proba diso e a foliada Festa dos canteiros, onde na súa letra os Irmandiños recrean as andainas destes mestres da pedra que encheron Galicia coas súas obras. A peza recolle unha festa tradicional do oficio, que celebrábase en Vincios cada 3 de maio.
Noutra peza, Xota para Chicho, a banda homenaxea ao gaiteiro Secundino de Chandebrito, mestre que deixou a súa pegada na zona e responsable da introdución da cana, na orquestación dos Irmandiños de Vincios.
O artellar de cada peza amosa unha faciana que identifica ao grupo: a súa paixón e respecto polo patrimonio musical do que son portadores. Pescudas históricas de músicas e cantigas, moitas delas recollidas da tradición oral, son logo recreadas paseniño á luz do estilo interpretativo dos Irmandiños.
Adianto dos temas do álbum Monte Galiñeiro.
Os Irmandiños adiantan que o pasodobre Monte Galiñeiro (Javi), que da nome ao disco abrirá o traballo. Os outros temas compostos por Javi son Foliada sacra, cunha letra creada a partir do libro "Cantigas e refráns da Ribeira Sacra"; Valse das estrelas (instrumental); o pasodobre O pachangueiro (instrumental); a muiñeira A Areiriña (isntrumental); a polca Polkería(instrumental); a foliada Festas dos Canteiros; o pasodrobre Os Chaínas (cunha letra con toque de humor sobre a vida dunha "familia trapalleira"); e a rumba A nosa.
Dim lights Embed O disco tamén inclúe dous temas tradicionais con arranxos de Javi, A Xota de Meder (recollida en Salvaterra pola profesora de pandereteiras de Vincios ), e a Muiñeira de Fofe (recollida pola mesma profesora en Mondaríz). A estes agrégase o Pasodobre do Can, composto por Ingancio Troncoso. Completan o disco os remexidos Xa non te quero/Entrenzado de Allariz(muiñeiras) e Das areiras/Pachín Pachín (pasodobres).
As expectativas do grupo é que Monte Galiñeiro estea na rúa no transcurso da primeira quincena de xullo. Aínda que a súa presentación oficial está prevista para setembro, Os Irmandiños seguramente interpretarán algúns dos temas nas presentacións previstas para este verán. Entre elas, o vindeiro mes de agosto cando compartan escenario en Gondomar coa célebre gaiteira Susana Seivane.
irmandinos-formacion
Os Irmandiños compartirán escenario con Susana Seivane no mes de agosto en Gondomar.
Os Irmandiños de Vincios.
A agrupación naceu cunha tradicional formación gaiteira (dúas gaitas, tambor e bombo) entre os anos 2004 e 2005. Co tempo, a banda foi mudando algúns dos seus integrantes, ata chegar nos últimos catro anos á formación actual:
Rosa (Vincios) saxo soprano, percusións varias e voz.
Paula (Vincios) percusión.
Ana (Vincios) clarinete e percusión.
Gonzalo (Vincios) Bombo con platos.
Ismael (Vincios) Acordeón diatónico e voz.
Félix (Vigo) gaita, percusión e voz.
Javi (Vincios) tamboril, percusión , voz e arranxos.
Moreno (Coruxo) gatia e voz.
Todos eles vencellados na actualidade ou no pasado a outras expresións musicais da parroquia como a Banda Musical de Vincios (Rosa, Ana, Ismael, Javi e Paula) ou o Coro Tradicional Cantares do Brión (Ismael, Rosa, Moreno e Félix).
"O facemos por lecer", afirman os membros do grupo. Sinalan que "non vivimos desto", mais amosan unha verdadeira profesionalidade á hora de artellar as súas composicións como a posta en escena das mesmas.
capa-monte-galineiroFicha técnica de Monte Galiñeiro
Gravación: Muu! Estudos (Vigo). Entre o 27 de febreiro e o 5 de maio de 2012.
Técnicos de son: Pali e Pedro Feijóo
Deseño Gráfico: David Rodríguez (Vigo)
Ilustracións: Paula (Irmandiños de Vincios)
Texto presentación: Xosé Manuel García Crego (Coro Tradicional Cantares do Brión)
Post Produción: InqueDanzas Sonoras (Vigo)
Productor Executivo: Xusto Molejón - Irmandiños de Vincios.

31 may. 2012

RALLYE RIAS BAIXAS: TRAMO DO ALBA

CULTURA DE MOTOR
 Volve un dos míticos tramos do Rias Baixas que tanto botamos de menos. Sen dúbida unha comarca coma o Val Miñor con tanta afición ós rallyes tiña que ter un tramo do campionato de España de rallyes de asfalto, como antaño. A mítica orquilla de Chandebrito seguro que estará ateigada de xente. Podedes obter toda a información necesaria na seguinte web: http://www.rallyeriasbaixas.com/48/   

AQUÍ TENDES UN VIDEO DO PERCORRIDO, ESCOLLEDE CURVA!!

 

11 abr. 2012

PROXECTO RÍOS - BOLETÍN ABRIL 2012

Gardarríos dixital
Boletín mensal.  Abril 2012
Proxecto Ríos
CAMPAÑA DE PRIMAVERA e XV CURSO DE FORMACIÓN
macro.jpgO 15 de abril da comezo a campaña de primavera do Proxecto Ríos, que durará ata o 1 de xuño. Este é o período no que o voluntariado sae aos seus treitos de río para facer as inspeccións e comprobar o estado de saúde do río. Como é costume, dentro da campaña realizarase o XV Curso de Formación para coordinadores na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con en Vilagarcía de Arousa. Será o sábado 5 de maio (no calendario aparece o día 14 de abril). Podedes anotarvos no seguinte enderezo: pacobanhobre@adega.info.
O País dos Mil Ríos
CARTAZ OS MACROINVERTEBRADOS BIOINDICADORES

cartaz.png
O Proxecto Ríos vai editar un cartaz dos macroinvertebrados bioindicadores dos ríos galegos.
Aqueles grupos, voluntarios e voluntarias que o desexen poderán recoller o cartaz no local de ADEGA-Proxecto Ríos (Travesa de Basquiños 9 baixo, Compostela) ou nas próximas actividades do Proxecto Ríos, curso de formación, saídas formativas, encontro de voluntariado ambiental, etc.
Novas
PROXECTO CUSTODIA FLUVIAL ULLA UMIA LÉREZ
imagen2.jpgDende o ano pasado ADEGA desenvolve na comarca de Caldas e Tabeirós-Terra de Montes unha iniciativa de custodia fluvial nas cuncas do Ulla Umia e Lérez. O proxecto desenvolverá diversas accións de conservación e recuperación do patrimonio natural, paisaxístico e etnográfico de ríos e regatos destas tres bacías. Asociacións de Cuntis, Forcarei e A Estrada son as promotoras das iniciativas de custodia. Máis info na seguinte ligazón



Gardarríos dixital. Contacta connosco.
Contacta co Proxecto Ríos

9 mar. 2012

FESTA PRESENTACIÓN DE PEDRAGHULLO


ESTA FESTA DE  PRESENTACIÓN TAMÉN SERVIRÁ PARA RECAUDAR FONDOS PARA OS NOSOS OBXETIVOS: A RUTA DOS MUIÑOS E O GALIÑEIROCK