1 oct. 2012

LIMPANDO O RÍO ZAMÁNS, 700 KILOS DE LIXO (VINCIOS)



Proxecto Ríos xa leva organizando dende o 2008 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que teñen participado nas limpezas anteriores.
O máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á cidadanía que as pequenas accións valen moito.

FOTOS DA XORNADA CON TODOS OS SEUS VOLUNTARIOS



As rapazas de "Pedraghullo"
 David con un dos tantos sacos que encheu.
 O todoterreno que nos serviu de apoio loxístico, pilotado por Mario, foi de unha gran axuda para transportar materiais pesados.
 O "Vila" e Losada reparando o cable do embrague que partiu. Menos mal que había un de reposto!
Losada derrubando a choza que tiñan montada as novas xeracións de Vincios. Chmábanlle o "festival" jeje, pero xa é historia.
Un total de 3 tractores cheiños ata arriba de lixo.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario