21 feb 2012

A RUTA DOS MUIÑOS....EN MARCHA!

Despois de porse en contacto coas distintas administracións, xa solo nos cabe esperar polo visto bo definitivo do concello, nas súas áreas de medioambiente e patrimonio, para dar comezo a limpeza dos muiños e así crear unha ruta que nos leve a carón do río Zamáns ata Gondomar, donde aparte dos muiños poderemos disfrutar de incribles paisaxes e de infinidade de recunchos con gran encanto ecolóxico. A iniciativa tivo moi boa acollida tanto polo alcalde, a comunidade de montes e sobre todos os veciños/as, que están demostrando o seu enorme interese por conservar e protexer o patrimonio cultural da comarca. A continuación podedes ver o primeiro vídeo de tantos que iremos publicando, e nos que desexamos que cada vez sexamos máis os protagonistas do filme.


¡Grazas as persoas que xa estades colaborando con "pedraghullo"!
¡vémonos no río!

                            

3 comentarios:

  1. No video solo saen uns poucos muiños, dos 44 que atopamos dende Vincios ata Gondomar. Solo en Vincios xa temos 29!!

    ResponderEliminar
  2. E cantas historias de vida, de emocións, de problemas, de alegrías, de disgustos, de conflictos, de resolución dos mesmos conflictos, etc., etc, terán acaecido ao longo do tempo.
    Cantas familias terár xermolado nos turnos de muiñada.
    Cantos. . . . . . .cantísimos. . . .
    Preservémola memoria.

    ResponderEliminar
  3. Ben falado compañeiro, sobre todo cando o muiño ia en "van", e non deixaba durmir ós veciños!! conflicto asegurado...que tempos aqueles!!

    ResponderEliminar