Logo de máis de sete anos de presentacións por toda Galicia,Os Irmandiños de Vinciosrexistraron 16 dos seus mellores temas nun disco que terá luz pública na primeira quincena de xullo. O título da obra prima non podería ser outro: "Monte Galiñeiro".
O disco atópase nestes intres finalizando a post produción, segundo informaron a Valminor.info, Ismael, Javi e Moreno -tres dos oito Irmandiños- nun encontro mantido na Casa da Cultura de Vincios. Tarefa nada sinxela -despois de 80 horas de gravacións- que desenvolven xunto co produtor executivo do disco, Xusto Molejón de produtora InqueDanzas sonoras. O CD recolle nove temas propios, dúas pezas tradicionais con arranxos de Javi (o compositor e director musical da banda), dous remexidos e o Pasodobre do Can, composición de Ignacio "Nacho" Troncoso, actual concelleiro de Cultura de Gondomar e ex-gaiteiro da agrupación.
Noutra peza, Xota para Chicho, a banda homenaxea ao gaiteiro Secundino de Chandebrito, mestre que deixou a súa pegada na zona e responsable da introdución da cana, na orquestación dos Irmandiños de Vincios.
O artellar de cada peza amosa unha faciana que identifica ao grupo: a súa paixón e respecto polo patrimonio musical do que son portadores. Pescudas históricas de músicas e cantigas, moitas delas recollidas da tradición oral, son logo recreadas paseniño á luz do estilo interpretativo dos Irmandiños.
Adianto dos temas do álbum Monte Galiñeiro.
Os Irmandiños adiantan que o pasodobre Monte Galiñeiro (Javi), que da nome ao disco abrirá o traballo. Os outros temas compostos por Javi son Foliada sacra, cunha letra creada a partir do libro "Cantigas e refráns da Ribeira Sacra"; Valse das estrelas (instrumental); o pasodobre O pachangueiro (instrumental); a muiñeira A Areiriña (isntrumental); a polca Polkería(instrumental); a foliada Festas dos Canteiros; o pasodrobre Os Chaínas (cunha letra con toque de humor sobre a vida dunha "familia trapalleira"); e a rumba A nosa.
Dim lights Embed O disco tamén inclúe dous temas tradicionais con arranxos de Javi, A Xota de Meder (recollida en Salvaterra pola profesora de pandereteiras de Vincios ), e a Muiñeira de Fofe (recollida pola mesma profesora en Mondaríz). A estes agrégase o Pasodobre do Can, composto por Ingancio Troncoso. Completan o disco os remexidos Xa non te quero/Entrenzado de Allariz(muiñeiras) e Das areiras/Pachín Pachín (pasodobres).
As expectativas do grupo é que Monte Galiñeiro estea na rúa no transcurso da primeira quincena de xullo. Aínda que a súa presentación oficial está prevista para setembro, Os Irmandiños seguramente interpretarán algúns dos temas nas presentacións previstas para este verán. Entre elas, o vindeiro mes de agosto cando compartan escenario en Gondomar coa célebre gaiteira Susana Seivane.
A agrupación naceu cunha tradicional formación gaiteira (dúas gaitas, tambor e bombo) entre os anos 2004 e 2005. Co tempo, a banda foi mudando algúns dos seus integrantes, ata chegar nos últimos catro anos á formación actual:
Rosa (Vincios) saxo soprano, percusións varias e voz.
Paula (Vincios) percusión.
Ana (Vincios) clarinete e percusión.
Gonzalo (Vincios) Bombo con platos.
Ismael (Vincios) Acordeón diatónico e voz.
Félix (Vigo) gaita, percusión e voz.
Javi (Vincios) tamboril, percusión , voz e arranxos.
Moreno (Coruxo) gatia e voz.
Todos eles vencellados na actualidade ou no pasado a outras expresións musicais da parroquia como a Banda Musical de Vincios (Rosa, Ana, Ismael, Javi e Paula) ou o Coro Tradicional Cantares do Brión (Ismael, Rosa, Moreno e Félix).
"O facemos por lecer", afirman os membros do grupo. Sinalan que "non vivimos desto", mais amosan unha verdadeira profesionalidade á hora de artellar as súas composicións como a posta en escena das mesmas.
Ficha técnica de Monte Galiñeiro
Gravación: Muu! Estudos (Vigo). Entre o 27 de febreiro e o 5 de maio de 2012.
Técnicos de son: Pali e Pedro Feijóo
Deseño Gráfico: David Rodríguez (Vigo)
Ilustracións: Paula (Irmandiños de Vincios)
Texto presentación: Xosé Manuel García Crego (Coro Tradicional Cantares do Brión)
Post Produción: InqueDanzas Sonoras (Vigo)
Productor Executivo: Xusto Molejón - Irmandiños de Vincios.
Outra ves os de Vinsios, sodes a ostia. Parabéns para "Os Irmandiños", e como non, para a asosiasión "Pedraghullo".
ResponderEliminarQue sería do mundo sin Vinsios ?
viva Vincios, viva Vincios...alá baixo do Jaliñeiroooo!!!
ResponderEliminar